No mes de abril, o alumnado de Educación Infantil gozou dunha experiencia musical especial a través da actividade "O son das cousas".
Nesta proposta exploramos as posibilidades sonoras de diferentes materiais cotiás e de refugallo, organizados en distintos recunchos de experimentación. Ao longo da actividade convertémonos en verdadeiros/as exploradores/as sonoros, descubrindo ritmos, texturas e sons a través do xogo e dos sentidos, fomentando así a curiosidade e a creatividade.
Queremos agradecer, en especial, ao alumno de prácticas Xiansong Zhang pola doazón dun panel sonoro para o colexio, un recurso que espertou grande interese entre o alumnado.
