Onte tivo lugar a Gala do XXX Aniversario do Certame de teatro Intercentros da comarca de Santiago.
O noso centro foi un dos participantes neste certame, onde recibimos o recoñecemento pola obra deste curso e unha mención especial ao mellor actor revelación, Xián Raposo. Na gala tamén foron premiados antigos alumnos do noso centro que cursan os seus estudos nos IES Xelmírez I e II.
Por outros 30 anos máis de teatro nos centros educativos!
