O alumnado de 4°e 5° de Educación Infantil, viviu unha experiencia moi especial no Auditorio de Galicia, onde puido asistir ao espectáculo musical Animalia da Real Filharmonía de Galicia.
A través da música e da imaxinación, as nenas e os nenos mergulláronse nun mundo cheo de sons, ritmos e animais sorprendentes, gozando dunha actividade que combinou diversión e aprendizaxe.
Sen dúbida, unha xornada inesquecible que quedará no seu recordo.
