O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou na Xornada Radiovisual de Ponte nas Ondas, celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Durante a xornada, tivemos a oportunidade de dar a coñecer a iniciativa “Fai un trato co galego”, un proxecto que busca pór en valor a lingua galega dentro da nosa comunidade educativa, empregando a radio como ferramenta pedagóxica e de expresión. Tedes acceso ao programa completo premendo nesta ligazón de YouTube.
Ademais, a experiencia foi aínda máis enriquecedora xa que tivemos a oportunidade de ser entrevistados/as por RTVE de Galicia.
En definitiva, foi unha iniciativa moi proveitosa e inspiradora.
Longa vida a Ponte nas Ondas!