O pasado 16 de marzo o alumnado de 5º de EP participou no obradoiro Segura-Mente , programa escolar de educación financeira da Fundación Obra Social ABANCA.
A proposta consistiu en organizar ‘O Gran Festival’, un festival escolar co que recadar fondos para realizar unha actividade coa aula ou excursión de fin de curso. O festival tiña que basearse na sustentabilidade, o emprendemento e o valor cultural da contorna do centro, cumprindo obxectivos que promovan estes valores.
Comprácenos comunicar que a proposta do noso alumnado, “Festival de primavera”, conseguiu o premio do mes de marzo da súa categoría.
Premendo no enlace podedes ver o traballo realizado: https://www.programaseguramenteabanca.com/premios