O mércores, día 8 de abril, presentouse na biblioteca Helena Villar, a última obra de Manuel Portas.
O noso centro acolleu esta presentación grazas á iniciativa do club de lectura Onas das Letras e ao interese do Equipo da Biblioteca e do EDLG, porque se desenvolvera na nosa escola.
Foi un luxo poder compartir a tarde co autor e con Loli Sans, que guiou este encontro.
Como xa sinalara Manuel Portas: "É unha novela que chanta as súas raíces na mesma historia do instituto en que desenvolvín case toda a miña vida profesional, no Xelmírez I de Santiago". Pero tamén é un relato que "fala de nós, da nosa identidade máis profunda", como lembrou hai uns días, a alcaldesa Goretti Sanmartín.
