A nosa comunidade educativa segue a pór en valor a nosa lingua e continúa a súa implicación coa campaña iniciada hai tres cursos.
Uníronse ultimamente á nosa iniciativa Fai un trato co galego! o médico, investigador e catedrático de Medicina Legal na USC, Ángel Carracedo. Tamén o fixo Paula Cons, xornalista e directora de cine. Quixo apoiarnos igualmente a cantante Pili Pampín e, por suposto, os encargados de desenvolver a "verbena" que se realizou a finais de marzo no noso centro, Ortiga e Xavi Cea.
Por outra banda, Antón Pedreira, libreiro e activista cultural, propietario da Libraría Pedreira e o ximnasio Curves, foron agasallados co noso adhesivo Aquí atendemos en galego, polo seu compromiso co idioma e por prestar atención á súa clientela en galego.
Moitas grazas a estas persoas que nos animan a continuar co proxecto!