Durante o mes de marzo o alumnado do CEIP López Ferreiro participou en diversas actividades musicais.
Os nenos e as nenas de 6º de Educación Infantil gozaron, no Auditorio de Galicia, do espectáculo "O rato Pérez". O alumnado de 2º Educación Primaria asistiu á representación de "Os contos do Lobicán" e o de 3º á de "Son salvaxe".
Tamén visitamos, co alumnado de 1º Educación Primaria, a Escola Municipal de Música de Santiago, onde participamos da representación "Quen é quen: os instrumentos que habitan na EMM".
