• Inicio
  • O López Ferreiro
    • Un pouco de historia
    • Localización
    • Horario
    • Contacto
    • Organigrama 2025-26
    • Calendario escolar _ Curso 2025-26
  • Proxecto Educativo
    • Documentos de centro
      • NOFC
      • PXAD
      • Plan de Actividades físicas e Hábitos saudables
      • Plan Dixital
      • Plan Estratéxico de Mellora
      • Plan de Acollida
      • Plan de Autoprotección
      • Plan de Convivencia
      • Protocolo EDIXGAL
      • Proxecto Lingüístico
    • Programacións
      • PXA 25-26
      • Programacións curso 2025_26
    • Concreción Curricular
  • Blogs
    • Biblio LULU
    • O niño de pombas (EDLG)
    • Sentindo en Feminino (Ed. Infantil)
    • O noso recoveco
  • Administración e Trámites
    • Formularios_Impresos
    • Xustificacións faltas (indicacións para familias)
    • Admisión
    • Libros de texto
  • Buscador de entradas
    • Curso Escolar
      • Curso Escolar 2025/26
    • Educación Infantil
    • Educación Primaria
      • 1º Ciclo
      • 2º Ciclo
      • 3º Ciclo
    • Educación Musical
    • Educación Física
    • Lingua Estranxeira
      • Actividades
      • Auxiliar de conversa
      • Seccións Bilingües
    • Biblioteca
      • Actividades
      • Formacións
      • Biblioteca Creativa
      • Clubs de lectura
      • Lectura e Familias
      • Plambe
      • Radio na Biblio
    • Plan Dixital
      • Actividades
      • E-Dixgal
      • Venres Creativos
    • Medio Ambiente
    • EDLG
    • Equipos de Axuda
    • Ioga (MUS-E)
    • Consello Escolar do Alumnado
  • Calendario

User account menu

  • Iniciar sesión
CAPTCHA
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.
This question is for testing whether or not you are a human visitor and to prevent automated spam submissions.
Inicio
  • Inicio
  • O López Ferreiro
    • Un pouco de historia
    • Localización
    • Horario
    • Contacto
    • Organigrama 2025-26
    • Calendario escolar _ Curso 2025-26
  • Proxecto Educativo
    • Documentos de centro
      • NOFC
      • PXAD
      • Plan de Actividades físicas e Hábitos saudables
      • Plan Dixital
      • Plan Estratéxico de Mellora
      • Plan de Acollida
      • Plan de Autoprotección
      • Plan de Convivencia
      • Protocolo EDIXGAL
      • Proxecto Lingüístico
    • Programacións
      • PXA 25-26
      • Programacións curso 2025_26
    • Concreción Curricular
  • Blogs
    • Biblio LULU
    • O niño de pombas (EDLG)
    • Sentindo en Feminino (Ed. Infantil)
    • O noso recoveco
  • Administración e Trámites
    • Formularios_Impresos
    • Xustificacións faltas (indicacións para familias)
    • Admisión
    • Libros de texto
  • Buscador de entradas
    • Curso Escolar
      • Curso Escolar 2025/26
    • Educación Infantil
    • Educación Primaria
      • 1º Ciclo
      • 2º Ciclo
      • 3º Ciclo
    • Educación Musical
    • Educación Física
    • Lingua Estranxeira
      • Actividades
      • Auxiliar de conversa
      • Seccións Bilingües
    • Biblioteca
      • Actividades
      • Formacións
      • Biblioteca Creativa
      • Clubs de lectura
      • Lectura e Familias
      • Plambe
      • Radio na Biblio
    • Plan Dixital
      • Actividades
      • E-Dixgal
      • Venres Creativos
    • Medio Ambiente
    • EDLG
    • Equipos de Axuda
    • Ioga (MUS-E)
    • Consello Escolar do Alumnado
  • Calendario

Miga de pan

  • Inicio
  • Entre flores e versos: Febreiro con Rosalía

Entre flores e versos: Febreiro con Rosalía

Febreiro é o mes no que celebramos a Rosalía de Castro, a muller que lle deu voz e dignidade á nosa lingua, lembrando o aniversario do seu nacemento.

Febreiro é o mes no que celebramos a Rosalía de Castro, a muller que lle deu voz e dignidade á nosa lingua, lembrando o aniversario do seu nacemento. Ela mesma cantaba: “Nasin cando as prantas nasen, no mes das flores nasin”, versos que latexan cada ano con máis forza cando chega este tempo.
Desde a Biblioteca Escolar quixemos renderlle a nosa particular homenaxe, arrodeándoa simbolicamente dunha chea de flores, como se cada unha delas fose unha palabra agradecida pola súa obra e polo seu legado. A súa poesía segue a emocionarnos e a ensinarnos a mirar o mundo con sensibilidade, compromiso e amor pola terra.

O día 23, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o servizo de comedor escolar, serviuse o emblemático “caldo de gloria”, ao que canta Rosalía nun dos seus poemas, convertendo a xornada nunha experiencia literaria e tamén gastronómica. Foi unha maneira fermosa de achegar a poesía á vida cotiá e de saborear, literalmente, a nosa tradición.

Ademais, o alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de realizar un “Roteiro Rosaliano” polos lugares da cidade vencellados á autora, descubrindo espazos que gardan a súa memoria e afondando na súa figura. Visitamos o Hostal dos Reis Católicos, onde foi bautizada; a estatua de Rosalía na Parque da Alameda; algúns dos lugares onde viviu na cidade; o Convento de Santo Agostiño; e o Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os seus restos. Cada parada foi unha oportunidade para coñecer mellor á escritora e comprender a fonda pegada que deixou en Compostela e en Galicia enteira.
Nesta actividade contamos coa inestimable colaboración da nosa querida Maricarmen Montero, mestra e directora do noso centro durante anos, e que segue moi vencellada a el. A súa sabedoría e entusiasmo fixeron do roteiro unha experiencia inesquecible.

Cómpre lembrar que Rosalía foi chamada “a Musa dos pobos” por Manuel Curros Enríquez, un título que segue a definila á perfección: voz do pobo, conciencia crítica e símbolo da nosa identidade.
Moitas grazas, Maricarmen, por acompañarnos e por seguir sementando amor pola nosa cultura.
Porque en febreiro, máis ca nunca, celebramos que a nosa lingua teña voz de muller. E esa voz chámase Rosalía.

Roteiro Rosalía Museo do Pobo Galego

Curso Escolar 2025/26
EDLG
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CEIP de Prácticas López Ferreiro