A pasada semana, o alumnado de Educación Infantil da nosa escola, tivo a fortuna de recibir dúas visitas moi especiais.
En primeiro lugar, achegáronse dous representantes dos Xenerais da Ulla, Alberto e Mario, que tiveron a amabilidade de amosarnos as diferentes partes dos seus disfraces e de explicarnos como se desenvolve esta tradición nos distintos concellos da comarca.
Uns días despois, o alumnado puido coñecer de preto a figura das Pantallas de Xinzo de Limia, grazas á presentación realizada por Mar, a avoa de Aldán da aula de 4º de Educación Infantil.
Desexamos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas que fixeron posible estas visitas, que contribuíron a achegar ao alumnado ás nosas tradicións culturais dun xeito vivencial, enriquecedor e plenamente significativo.