O pasado 10 e 11 de febreiro, tivemos a oportunidade de participar na inauguración da XX Campaña Municipal de Animación á Lectura baixo o lema “Ler para crecer”, un proxecto promovido polo Departamento de Educación do Concello de Santiago en colaboración con Kalandraka e Afundación Santiago.
Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar o gusto pola lectura desde as idades máis temperás, involucrando ao alumnado, ao profesorado e ás familias.
Foi un pracer asistir co noso alumnado de educación infantil e comprobar, da man de Paco Nogueiras, a importancia de propostas coma esta para cultivar o hábito lector e achegar aos nenos e nenas ao mundo dos libros de forma lúdica e motivadora.
Premede aquí para ler o artigo publicado na web de Kalandraka.