As aulas de 5º e 6º de Educación Primaria asistiron recentemente á representación da obra “Unboxing Alice”, da compañía de teatro On Stage. A proposta resultou moi atractiva para o alumnado e durante a representación amosáronse moi participativos/as.
A pesar da chuvia, a xornada desenvolveuse con total normalidade grazas ao bo comportamento dos nenos e das nenas.
Cómpre agradecer tamén a colaboración do profesorado acompañante que facilitou os desprazamentos e o bo desenvolvemento da xornada.