O 3 de xuño, o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nun divertido e enriquecedor taller de cociña, unha actividade financiada co premio obtido pola súa participación no programa Segura-Mente, un programa escolar de educación financeira promovido pola Fundación da Obra Social de ABANCA.
Ao longo do taller, as nenas e os nenos tiveron a oportunidade de elaborar diferentes receitas, poñendo en práctica hábitos de alimentación saudable, o traballo en equipo, a creatividade e a autonomía. Ademais de aprender técnicas básicas de cociña, gozaron dunha experiencia práctica e moi motivadora.
