Esta semana estamos a iniciar as actividades de celebración do 50 aniversario do noso edificio!
A conmemoración desenvolverase en dúas etapas, a primeira do curso 75/76 ao 1999/2000 e a segunda do 2000/2001 ao curso actual.
Por ese motivo estes días estannos a visitar antigos alumnos e antigas alumnas (Anxo e Pepe, Óscar de Miguel, Noa Picos, Ana Leyes e María Rey, María Viña e Raquel Senra, que desenvolveu ademais un obradoiro de marcapáxinas plantables grazas ao programa Lectura e Familias).
Tamén se acehgaron ao centro outras pesoas vinculadas á historia da nosa escola e do noso edificio como Aurora Marco, estudiosa da Escola Normal de Santiago de Compostela, que presentou no López Ferreiro o seu último traballo: María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo.
Xa temos na entrada do centro, pola rúa Xasmíns, unha exposición de libros e outros materiais escolares e, no 3º andar, uns paneis con fotografías dos primeiros anos do López Ferreiro nesta construción.
Podedes achegarvos a visitala calquera martes pola tarde, á volta do Nadal!
