O CEIP de Prácticas López Ferreiro celebrou na última semana do curso o peche das actividades de conmemoración do 50 aniversario do seu edificio.
Nesta ocasión realizamos xuntanzas con distintas persoas docentes nos últimos anos como Ana Robles, María Albarellos, Julia González, Fernanda Fernández, Lois Trigo ou Mari Carmen Montero. As dúas últimas persoas ocuparon a dirección en dúas etapas diferentes nos derradeiros vinte e cinco anos. Participaron antigas e novas familias: recibimos a docente da USC e especialista en literatura infantil e xuvenil, Montse Pena, e a Patricia Núñez, do Faiado de Nin. Por suposto, tamén contamos con antigos alumnos como o pianista e compositor Abe Rábade ou Xián Castro, intérprete do grupo Ulex, formación que puxo o ramo final cun concerto fantástico de remate da actividade lectiva!

Pero o peche de todas as iniciativas que se levaron a cabo neste curso tivo lugar definitivamente o día 29 de xuño, data na que se realizou a xuntanza de persoas traballadoras no centro nesta etapa do López Ferreiro, que comezou a súa andaina no 1849, cando se crean as Escolas Normais Superiores para a Formación de Mestres e Mestras.
