As aulas Coralia e Maruxa compilaron, unha vez máis, a través do proxecto Sentindo en feminino, os textos de tradición oral achegados polas familias.
As docentes destas aulas adoitan utilizar estas composicións tan importantes para traballar as emocións, a lingua, o ritmo, pero tamén a lecto escritura e a aproximación á lóxica matemática.
A encargada de trasladar a un manual a proposta foi María Méndez Cacheda, alumna do Prácticum II, que rematou a súa formación na aula Coralia.
Esta iniciativa foi desenvolvida coa colaboración do EDLG e do Equipo da Biblioteca a través dos programas Clubs de Lectura e Radio na Biblio.
Presentouse na Biblioteca Ánxel Casal e contou coa colaboración inestimable da Aula de Maiores desta institución e coa participación das familias das dúas clases de Educación Infantil.
As ilustracións son do alumnado destes grupos e daqueles e daquelas que estiveron nestas aulas no ciclo anterior, e que hoxe cursan 1º de primaria.
