Con motivo do Pride Month, no noso colexio sumámonos á celebración da diversidade.
Esta conmemoración constitúe unha oportunidade para sensibilizar á comunidade educativa sobre a importancia da inclusión, da igualdade e do recoñecemento da diversidade como un valor enriquecedor.
A través de distintas actividades, promovemos valores de convivencia, empatía, respecto mutuo e aceptación.
Xuntos e xuntas, contribuímos a construír unha sociedade máis inclusiva, xusta e respectuosa para todas as persoas.
