O alumnado de 6º de educación primaria gozou o pasado luns 8 de xuño dun fantástico obradoiro de percusión impartido polo profesor Didier Díaz.
A través de esquemas sinxelos e moita creatividade os rapaces e rapazas mergulláronse no ritmo e atrevéronse a realizar complexas polirrítmicas. Foi unha actividade moi enriquecedora na que todos/as o pasaron en grande.
Para pechar a xornada, os e as participantes compartiron o aprendido nunha pequena exhibición musical dirixida ao resto da escola.

