Durante este mes de maio o noso colexio encheuse de aprendizaxe e creatividade grazas ao ciclo "Oficios con son".
Esta iniciativa achegou ao alumnado dúas profesións fundamentais para a cultura que adoitan quedar detrás do escenario e para as que contamos con dous profesionais de luxo:
A arte da luthería: Ana Fariña, Luthier explicou de forma práctica como se constrúen e reparan os instrumentos de corda. O alumnado puido ver ferramentas tradicionais, tocar diferentes madeiras e entender como se crea a acústica dende o taller.
A maxia do control do audio: Sergio Vieiro,técnico de son mostrou o funcionamento invisible do audio. Con demostracións en directo, os estudantes aprenderon o uso da microfonía, da mesa de mesturas e a entender como viaxa o son nos programas de televisión.
A experiencia foi un éxito rotundo que espertou a curiosidade por novas saídas profesionais e ensinounos a valorar o traballo técnico detrás de cada espectáculo.
Grazas de corazón aos dous relatores pola súa xenerosidade e entusiasmo!Botádelle un ollo á galería de fotos de abaixo para ver os mellores momentos.

