O alumnado de 4°, 5º e 6° de Primaria converteuse en protagonista dunha importante tarefa de investigación sobre os 50 anos da música galega. O punto de partida foi a nosa biblioteca, onde os rapaces e rapazas mergulláronse nos fondos bibliográficos para localizar e consultar toda a documentación dispoñible sobre este tema.Tras este traballo de consulta e selección, cada alumno/a elaborou unha ficha informativa utilizando os seus ordenadores Edixgal. Estas fichas recollen o esencial de cada grupo ou artista, combinando o rigor da información coa calidade estética.
O resultado final deste esforzo será a creación dun volume encadernado de ilustracións.
Nesta obra colectiva, as fichas informativas acompañarán ás creacións artísticas do alumnado, dando lugar a un libro único que quedará como testemuño do seu traballo e como un novo recurso de consulta para toda a comunidade escolar.


