ORDE do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
O prazo estará aberto do 19/05/2026 ao 19/06/2026
Forma de presentación: A solicitude será única para todos os fillos/as ou tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2025/2026. Se estivesen admitidos en centros distintos deberán facer unha solicitude para cada un dos centros.
Electrónica: en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ e presente solicitude na Sede Electrónica
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo
Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II e presénteos no centro educativo.
Documentación complementaria: Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
Poden consultar o calendario de actuacións no arquivo anexo.