Dentro das accións de eco-auditoría desenvolvidas por O Horto do Ferreiro, analizouse ao longo de varias semanas a xestión dos residuos plásticos xerados no centro, detectando un problema que estaba a pasar desapercibido: a acumulación de envases de iogur nas papeleiras dos corredores cando non se baleiraban coa frecuencia necesaria, provocando malos cheiros e a aparición de insectos.
A partir desta observación, o alumnado propuxo revisar os tempos de recollida e establecer responsables diarios para garantir unha correcta separación e baleirado de residuos.
Nun só mes comprobamos a enorme cantidade de envases plásticos que chegamos a xerar. Agora o reto está claro: non só reciclar mellor, senón producir menos e buscar alternativas de consumo máis sostibles.
