Este inverno, a elevada cantidade de días de chuvia reduciu considerablemente, durante meses, o tempo de traballo no noso horto escolar. Aínda así, lonxe de deter a nosa actividade, aproveitamos este período para coidar, manter e renovar as zonas verdes creadas ao longo do curso pasado, así como para seguir dando novos pasos na renaturalización do centro.
Un dos espazos nos que centramos especialmente os nosos esforzos foi o último corredor do edificio, unha zona na que se percibe con claridade o aumento da temperatura ambiental e na que resulta necesaria, especialmente nos meses máis cálidos, a renovación constante do aire e a climatización das estancias.
Por iso, incorporanos novas zonas vexetais que contribúen a crear espazos máis agradables, humanizados e saudables, favorecendo un aire máis limpo e renovado, axudando, pouco a pouco, a atenuar a temperatura destes ambientes.
