Este curso desenvolveuse no centro o proxecto BichoCompo en colaboración con Gael, educador e biólogo e o programa “Composta en Red” da Universidade de Granada.
Neste proxecto participaron 21 centros de toda España coa pretensión de facer un seguimento dos invertebrados dos composteiros escolares para estudar a biodiversidade dos mesmos. Realizamos varias sesión de mostreo ao longo do
curso sendo os resultados enviados A EEZ-CSIC de Granada para o seu análise.
Estamos na última fase deste proxecto, pendentes de realizar a experiencia utilizando o embude de Berlese.
Ademais, contamos con formación online para o profesorado a través de varios encontros coas persoas organizadoras e co resto ce centros.
As xornadas resultaron moi proveitosas, aprendemos a valorar a importancia do compost e a recoñecer e apreciar aos insectos
favorecedores da formación do novo solo como son os cempés, mil pés, bechos bóla, ácaros, miñocas, colémbolos, cadela de frade,…
