A transformación educativa comeza tamén pola formación continua do profesorado. Por iso, ao longo destes últimos cursos, o profesorado do CEIP López Ferreiro ven desenvolvendo diferentes accións formativas orientadas a fortalecer unha mirada compartida sobre a convivencia, o benestar emocional, o bo trato e a construción dunha escola máis inclusiva, humana e participativa, da man de Feitoría VerdeLilá e de Atalaias.
A última destas propostas tivo lugar tras as vacacións de Semana Santa, cunha xornada de formación centrada nas Prácticas Restaurativas, unha metodoloxía que nos axuda a previr conflitos, fortalecer os vínculos, mellorar a cohesión dos grupos e xerar espazos de diálogo, responsabilidade e coidado mutuo.
