Un ano máis, o CEIP López Ferreiro, aposta pola formación do alumnado que desenvolve o Prácticum na nosa escola.
A dirección do centro levou a cabo, nos meses de novembro-decembro e abril, sesións formativas con información relevante ao respecto da normativa, das aplicacións de uso docente ou dos programas que oferta a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O obxectivo é proporcionar un complemento á experiencia de aula desenvolvida no seu período de prácticas.
