A semana do 14 ao 18 de outubro acollemos no centro a profesorado visitante francés procedente de Brest da École du Petit Paris. Participaron nun “job shadowing” que consiste nunha estratexia de “aprender mirando”.
Durante a súa visita, tivemos a oportunidade de compartir boas prácticas pedagóxicas e explorar diferentes métodos de ensino. Este tipo de colaboración non só enriquece o proceso educativo, senón que tamén fomenta a creación dunha comunidade educativa máis forte, onde nos beneficiamos do coñecemento e a experiencia dos demais. Ademais, promóvese un ambiente de aprendizaxe constante e compártense as culturas de cada centro, o que enriquece a educación de todo o alumnado.
Agardamos con ilusión o noso novo encontro, desa vez acompañados dos seus alumnos e alumnas, para o mes de maio. Ata pronto!
