Educar non consiste unicamente en adquirir coñecementos académicos, senón tamén en acompañar ao alumnado no desenvolvemento das competencias emocionais que lle permitan coñecerse mellor, identificar o que sente, expresar as súas necesidades e aprender a autorregularse.
Esta mirada, cada vez máis presente nos centros educativos, atopa respaldo no actual marco normativo en materia de convivencia, inclusión, protección da infancia e benestar emocional, que insiste na necesidade de crear contornas seguras, accesibles, humanizadas e emocionalmente sostibles para todo o alumnado. En coherencia con este enfoque, o noso Plan de Convivencia incorpora os Espazos Calmos como unha medida preventiva e educativa orientada á mellora da convivencia, á prevención de conflitos e ao acompañamento emocional do alumnado.
No noso centro, esta liña de traballo xa viña desenvolvéndose desde hai anos a través de diferentes propostas de coeducación emocional. Na actualidade, e no marco de Con Outra Mirada, o reto pasa por consolidala como unha cultura compartida de centro, ampliando os Espazos Calmos a todas as aulas e corredores, para que o alumnado dispoña de lugares seguros nos que parar, respirar, reorganizarse e volver.
Premede na seguinte imaxe para acceder ao video:
