O pasado Nadal o "mercadiño solidario" da nosa escola recadou cartos para colaborar coa escola El Nanzal de Guatemala, que fora visitada o verán anterior por dúas docentes do López Ferreiro.
Estamos felices de ter podido axudar a mellorar a súa situación e agardamos continuar desenvolvendo iniciativas de apoio a esta comunidade educativa ,en colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia.