Nos últimos cursos, desde o equipo directivo e o equipo de medio ambiente, estamos a impulsar a creación de espazos verdes para transformar pouco a pouco o noso centro, un edificio de estilo "brutalista" no que o formigón ten un gran protagonismo.
Creáronse novos recantos verdes nos patios, nos corredores, no horto e mesmo nas entradas, incorporando plantas, xardineiras, estruturas para a biodiversidade e pequenos espazos de observación e coidado.

Con estas accións non só embelecemos a escola, senón que ofrecemos ao alumnado oportunidades reais para observar, investigar, experimentar, aprender a coidar e valorar a natureza, entendendo que somos parte dela.