- Inicio
- O Centro
- Documentación Pedagóxica
- Blogs
- Revista Pegada
- Administración e Trámites
- ANPA
- AULA VIRTUAL
- Buscador entradas
No noso centro, a chegada do mes de maio trae consigo unha das celebracións máis fermosas do curso: Os Maios, unha tradición popular galega vencellada á primavera, á natureza e á celebración da vida.
Como cada ano, todo o alumnado do colexio participou traendo flores e elementos naturais para dar forma ao noso maio colectivo, unha creación elaborada coa colaboración das persoas axudantes do horto, que participaron activamente na súa preparación e decoración.
Na xornada do luns 18, reunimonos para cantar, bailar e compartir cantigas tradicionais, enchendo o patio de cor, música e cultura galega nunha xornada moi especial que tamén conmemoraba o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado á escritora, xornalista e activista Begoña Caamaño, nada en Vigo e recoñecida polo seu compromiso coa lingua galega, co feminismo e coa cultura do noso país. Obras como Circe ou o pracer do azul ou Morgana en Esmelle convertérona nunha voz imprescindible da literatura galega contemporánea.
Un ano máis, tradición, natureza e lingua déronse a man nunha celebración que xa forma parte da identidade do noso centro.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal