O REXURDIMENTO

    Rexurdimento é o nome co que se coñece a segunda metade do século XIX na historia de Galicia. Constituíu unha traxectoria de recuperación literaria, pero tamén cultural, política e histórica.

     Esta etapa pódese considerar inaugurada pola publicación en 1863 de Cantares Gallegos, obra escrita totalmente en galego por Rosalía de Castro.

     A máis de Rosalía, hai que engadir a Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e máis Manuel Curros Enríquez como os principais escritores en galego desta época.

     Na primeira metade do século XIX, houbo unha serie de acontecementos que prepararon o camiño para este Rexurdimento. Esta época é coñecida como a dos Precursores. Un destes acontecementos foi a invasión francesa, que deu lugar á circulación de textos de axitación popular escritos en galego. A procura dunha identidade propia de Galicia foi aumentando e manifestándose en publicacións nas que os escritores e políticos valorizaban o propio da nosa terra.

Escolla múltiple

     Cando podemos considerar que comeza o Rexurdimento?

    

     Coa aparición do Padre Feixoo.

     Coa publicación de Cantares Gallegos.

     Co nacemento de Rosalía de Castro.


     Cales son os principais escritores do Rexurdimento?

     Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e Manuel Curros Enríquez.

     Manuel Murguía, Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

     Padre Feixoo, Padre Sarmiento e Rosalía de Castro.


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License