1871-1880
1871: Reside co seu home na Coruña ata 1874. Nacen en Lestrobe os xemelgos Gala e Ovidio.
1872: Segunda edición de ‘Cantares Gallegos’ (Madrid) que contén 4 poemas máis. É a única reedición, en vida, dun libro de Rosalía.
1873: Nace na Coruña Amara.
1875: Nace en Santiago Adriano, que faleceu ao caer dunha mesa 19 meses despois.
1877: Nace morta en Santiago Valentina.
1878-1879: Vive en Santiago.
1880-1881: Mentres Murguía está en Madrid, Rosalía alterna a súa residencia en Santiago con estancias en Lestrobe.
1880: Publícase ‘Follas Novas”, obra que a consagra como poeta galega.
Le este poema de "Follas Novas" e complétao coas palabras que faltan:
NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
(Follas Novas, 1880)
NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
que me asombras,
ó pé dos meus
tornas facéndome
.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a
que brila,
i eres o
que zoa.
Si cantan, es ti que
,
si choran, es ti que
,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma
,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me
.
(Follas Novas, 1880)
Escoita a interpretación que fai Luz Casal deste poema:
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License