1837

Hostal dos Reis Católicos     Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro). Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía (1804-1862) fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo (1798-1871). Bautizada na capela do Grande Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos). Actúa de madriña María Francisca Martínez, criada da nai. O presbítero consigna na partida: “María Francisca Martínez…fue madrina de una niña que bauticé solemnemente… llamándola María Rosalía Rita, hija de padres incógnitos cuya niña llevó la Madrina y va sin número por no haber pasado por la inclusa”.

 

 

 

Hostal dos Reis Católicos, antigo Hospital Real de Santiago de Compostela.

Pregunta Verdadeira ou Falsa

     Indica se as seguintes cuestións son verdadeiras ou falsas:

     Rosalía de Castro naceu en Padrón.

Verdadeiro Falso

     A súa nai chamábase María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía.

Verdadeiro Falso

     Foi bautizada na capela do actual Hostal dos Reis Católicos.

Verdadeiro Falso

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License