1851-1860
1851-1855: Reside
coa súa nai en Santiago. É probable que estivesen Compostela desde 1847. En 1854 protagoniza Rosamunda de Gil y Zárate no Liceo de la Juventud de Santiago.
1855-1856: Reside coa súa nai en Padrón, aínda figurando empadroadas no ex convento de San Agustín (Santiago de Compostela), sé do Liceo de la Juventud.
1856-1858: Viaxa en abril de 1856 a Madrid. Residirá na casa da súa tía María de Castro.
1857: Publica o seu primeiro libro, o poemario ‘La Flor’ (Madrid) no xornal La Iberia. Suscitará unha benévola reseña de Murguía.
1858: O 10 de outubro casa con Manuel de Murguía en San Ildefonso de Madrid e publica a súa primeira novela: ‘La hija del mar’. Comeza unha vida itinerante: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña… O matrimonio terá sete fillos. Tamén publica un manifesto feminista: “Lieders”.
1859: Primeira novela, ‘La hija del mar’ (Madrid/Vigo). Nace a primera filla, Alejandra, en Santiago.
1860: O 31 de xaneiro intervén como actriz en Santiago, nunha velada teatral a beneficio dos soldados feridos na guerra de África.
Fai as actividades do seguinte lim, do Blog da biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda, que che axudará a coñecer un pouco mellor a vida e obra de Rosalía:
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License