1885-1891

Familia de Rosalía

   1885: Fina aos 48 anos de idade o 15 de xullo. O certificado de defunción consigna: “…a consecuencia de una degenaración cancerosa del útero”. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Andina que ela cantara en célebre poema “O simiterio de Adina / n´ hai duda que é encantador…”.

 

   1891: O 25 de maio foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguiente no mausoleo sito na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres.

 

 

 

Toda a familia na Matanza, Padrón.

Derradeira fotografía de Rosalía.

Pregunta Verdadeira ou Falsa

     Segundo o texto anterior, indica cales son as afirmacións correctas:

     Rosalía de Castro faleceu aos 85 anos.

Verdadeiro Falso

     Nun primeiro momento foi soterrada no cemiterio de Andina, en Iria Flavia.

Verdadeiro Falso

     Posteriormente, o seu corpo foi trasladado a Pontevedra.

Verdadeiro Falso

     Actualmente está soterrada no Convento de San Domingos de Bonaval, no Panteón de Galegos Ilustres.

Verdadeiro Falso

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License