1861-1870
1861: Reside algún tempo en Madrid. Primeiro poema en galego, o que glosa o cantar “Adios ríos; adiós fontes”.
1862: Morre súa nai en Compostela de xeito repentino. Rosalía estaba naquel momento vivindo con ela.
1863: Vivindo en Santiago
publica ‘A mi madre’ e ‘Cantares gallegos’, obra considerada clave no Rexurdimento literario de Galicia.
1864: Publica o seu único conto en galego “Contos da miña terra”.
1865: Publica “Las literatas (Cartas a Eduarda)”, artigo sobre a condición feminina, en Almanaque de Galicia (Lugo).
1866: ‘Ruinas’, novela publicada por entrega en El Museo Universal de Madrid.
1867: Publica a súa novela máis longa e ambiciosa: ‘El caballero de las botas azules’.
1868: Murguía é nomeado director do Arquivo de Simancas, cargo que exercerá ata 1870.
Nace a segunda filla en Santiago, Aura.
1869-1870: En Simancas escribe grande parte do poemario ‘Follas Novas’. A finais de 1870 e inicios de 1871 reside en Madrid e coñece a Bécquer.
Murguía é trasladado ao Arquivo do Reino de Galicia e a familia pasa a vivir na cidade da Coruña.
Relaciona cada unha destas obras coa súa data de publicación:
Cantares Gallegos
El caballero de las botas azules
Contos da miña terra
Canta con Amancio Prada "O repoludo gaiteiro", un dos poemas de Cantares Gallegos interpretados por este cantautor.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License