Orientación - AL- PT
Section outline
-
PASIÑO A PASIÑO...

Estimadas familias:
Ante a situación na que nos atopamos, vémonos obrigados a comunicarnos por vías telemáticas.
Aquí vos iremos deixando materiais e enlaces para que os rapaces e rapazas poidan entrenar o cerebro dunha maneira lúdica nestes días.Tamén atoparedes técnicas de estudo, xogos para entrenar a memoria e atención, xogos para desenvolver habilidades sociais, traballo máis específico de AL ou PT, e outras cousas que iremos subindo.
Para calquer dúbida ou necesidade que se vos poida presentar, enviade un correo electrónico ao enderezo doalomba@gmail.com; tentaremos resolvela da mellor forma posible.
Un saúdo e esperamos vervos pronto!
-
Aquí vos deixamos uns consellos que poden ser útiles para organizarse nestes días.
-
Ola!
Como sabedes, nestes días temos emocións moi variadas; así que propoñemos a seguinte idea. A ver que vos parece!Podedes facer un pequeno diario de emocións de cada día ou cada semana, pode ser escribindo ou debuxando; como máis vos guste. Para axudarvos a coñecer algunhas delas, deixámosvos unhas fichas e unha ruleta para xogar. Tamén aparece un exemplo de diario, pero podedes facer un personalizado. E pinchade aquí para ver un vídeo que pode dar pistas.
Seguro que sodes moi creativos e vai quedar xenial.
Moito ánimo e apertas para tod@s! -
Hoxe celebramos o Día Mundial do Autismo. Para facelo visible entre todos e todas, aquí deixamos a iniciativa que se está a promover. Moito ánimo!

-
-
Tempo para aprender cousiñas. Aquí atoparedes variedade de propostas. Escollede o que necesitedes!
-
Mesturando sensacións, aprendemos cousas novas. Hai un pouquiño de todo. Elixide vós!
-
Experimentando e pensando aprendemos moito. Encontraredes propostas diferentes. Vós decidides!
-
Deixámosvos diferentes propostas para irnos adaptando pouco a pouco á nova realidade. Estades a facelo moi ben!

-
Entrenamos o cerebro mentras xogamos.
-
Para traballar as nosas emocións e a estimulación da linguaxe oral.

-
E;sT;iM;uL;aC;iO;n D;a L;iN;gU;a O;rA;l
-
Aquí están as fichas das emocións e o exemplo de diario que comentamos no foro de novas. Tamén engadimos uns apoios visuais e outras actividades para identificar as emocións (preme aquí para velas).
Se queredes compartir as vosas creacións (poñendo nome sen apelidos e o curso) podedes facerlle unha foto e enviala ao seguinte correo:
doalomba@gmail.com
Animádevos!
-
-
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!
-
Seguimos practicando coa linguaxe e aprendendo a identificar as emocións. Queda menos!
-
Estimulación da lingua oral
-
-
Máis propostas para traballar a expresión oral e outras para relaxarse.
Apertas!

-
ESTIMULACIoN DA LINGUA ORAL
-
Seguro que xa coñecedes os mandalas e os seus beneficios. Melloran a atención, o estado de ánimo e axudan a relaxarse. Aquí vos deixo algúns para explorar a vosa creatividade.
Seguide facéndoo así de ben!
-
-
Novas propostas para traballar a linguaxe oral e para escoller as vosas pegadas nestas semanas. Moito ánimo!
-
ESTIMULACION DA LINGUA ORAL
-
Temos unha nova actividade para vós! Vos propomos facer unha cápsula do tempo. É importante deixar as pegadas do que nestas semanas estades a vivir, a sentir, a aprender, a... No futuro poderedes lembrar o que significou este tempo para cada un de vós. O estades a facer moi ben!
-
-
Imos a por unha semaniña máis! Segue practicando a expresión oral e comprobando como andamos de memoria.

-
ESTIMULACION DA LINGUA ORAL
-
Divírtete mentras comprobas como anda a túa memoria!
-
-
Un pouquiño de calma, contos e prácticas da lingua oral para esta semana. Imos a por ela!
-
ESTIMULACION DA LINGUA ORAL
-
Esta semana propoñemos que fagades unha caixa da calma.
Sabedes o que é?
Será algo que nos axude a relaxarnos cando estamos enfadados ou nerviosos. Só tedes que buscar unha caixa que teñades pola casa e decorala como máis vos guste. Despois metedes dentro cousiñas que vos axuden a estar calmados, concentrados ou contentos. Poden ser obxectos, debuxos, mensaxes... Por exemplo: unha pelota antiestrés, mandalas para colorear, mensaxes de persoas que queremos, un xoguete que vos guste moito, algún obxecto cun olor relaxante ... e moitas outras cousas. Tamén podemos poñer esa caixa nun rincón da casa no que nos sintamos ben.
Así conseguiremos a CAIXA MÁXICA DA CALMA.
Nesta foto podedes ver máis instrucións.

-
-
Actividades para fomentar diferentes habilidades e para seguir practicando a lingua oral. O estades a facer cada vez mellor!
-
ESTIMULACION DA LINGUA ORAL
-
Temos unha nova actividade para vós! Vos propomos facer figuriñas de papel. O origami ou papiroflexia é moi divertida e nos axuda a concentrarnos, relaxarnos e mellorar a nosa habilidade coas mans. No vídeo tedes todas as pistas para facelo moi ben. Se queredes, e vos dan permiso, mandádenolas a doalomba@gmail.com e as subiremos na Aula Virtual. Esperamos as vosas creacións!
-
-
Novas propostas para aprender xogando e para practicar a linguaxe oral. Moito ánimo!
-
ESTIMULACION DA LINGUA ORAL
-
Aquí vos deixamos uns crebacabezas para que vos divirtades armando as súas pezas.
A xogar!
-
-
Imos a xogar mentras aprendemos cousiñas novas. Xa non queda nada para rematar o curso! Apertas!
-
ESTIMULACION DA LINGUA ORAL
-
Seguro que coñecedes o xogo da oca... pois agora imos xogar á oca das emocións! Tirade o dado e avanzade ata a casilla correspondente, se non respondedes non podedes avanzar.
Pasádeo ben!

-
-
Xa queda moi pouquiño para as vacacións! Aperta grande!
-
ESTIMULACION DA LINGUA ORAL
-
Pasiño a pasiño imos aprendendo, pero aínda nos queda moito camiño que facer!
-
-
Dende o Departamento de Orientación queremos decirvos que estamos moi orgullosas de todos e de todas vós. Sabemos que todos estes meses sen cole non foron nada sinxelos, pero tamén sabemos que aprendestes moitísimas cousas co apoio das vosas familias.
Aínda que vos botamos moito en falla, estamos convencidas de que sempre tivestes un sorriso para compartir. Desexámosvos unhas vacacións estupendas, e agardamos ansiosas a volta ao cole para vervos!
Unha aperta enorme de todas as mestras que formamos o Departamento de Orientación!
A modo de despedida, esta semana vos propomos unha pequeniña mostra de imaxes con corazón!
-
Instantáneas cheas de vida de como, durante este curso, fomos aprendendo moitas cousiñas sobre as nosas emocións, o xeito en que nos relacionamos cos demais e como nos sentimos no noso día a día. Neste espazo atoparedes imaxes con corazón.
Durante este ano, dende o Departamento de Orientación propuxemos unha serie de proxectos no ámbito emocional. En coordinación coas titoras e titores, fomos traballamos a empatía, a igualdades de xénero e moitas outras cousiñas. Coa chegada do confinamento, algúns deses proxectos non puidemos rematalos. De todos os xeitos, queremos ensinarvos a ilusión coa que o estabamos a facer! Tamén hai unha mostra dos vosos diarios emocionais durante o confinamento, e doutras actividades que se fixeron nas titorías ó longo deste curso.
Fainos moita ilusión rematar o curso, nesta Aula Virtual, con esta galería de emocións!
-