AS EMOCIÓNS.
Requisitos do completado
Ola!
Como sabedes, nestes días temos emocións moi variadas; así que propoñemos a seguinte idea. A ver que vos parece!
Podedes facer un pequeno diario de emocións de cada día ou cada semana, pode ser escribindo ou debuxando; como máis vos guste. Para axudarvos a coñecer algunhas delas, deixámosvos unhas fichas e unha ruleta para xogar. Tamén aparece un exemplo de diario, pero podedes facer un personalizado. E pinchade aquí para ver un vídeo que pode dar pistas.
Seguro que sodes moi creativos e vai quedar xenial.
Moito ánimo e apertas para tod@s!