GALERÍA EMOCIONAL.
Instantáneas cheas de vida de como, durante este curso, fomos aprendendo moitas cousiñas sobre as nosas emocións, o xeito en que nos relacionamos cos demais e como nos sentimos no noso día a día. Neste espazo atoparedes imaxes con corazón.
Durante este ano, dende o Departamento de Orientación propuxemos unha serie de proxectos no ámbito emocional. En coordinación coas titoras e titores, fomos traballamos a empatía, a igualdades de xénero e moitas outras cousiñas. Coa chegada do confinamento, algúns deses proxectos non puidemos rematalos. De todos os xeitos, queremos ensinarvos a ilusión coa que o estabamos a facer! Tamén hai unha mostra dos vosos diarios emocionais durante o confinamento, e doutras actividades que se fixeron nas titorías ó longo deste curso.
Fainos moita ilusión rematar o curso, nesta Aula Virtual, con esta galería de emocións!