Section outline

  • Dende o Departamento de Orientación queremos decirvos que estamos moi orgullosas de todos e de todas vós. Sabemos que todos estes meses sen cole non foron nada sinxelos, pero tamén sabemos que aprendestes moitísimas cousas co apoio das vosas familias.

    Aínda que vos botamos moito en falla, estamos convencidas de que sempre tivestes un sorriso para compartir. Desexámosvos unhas vacacións estupendas, e agardamos ansiosas a volta ao cole para vervos!

    Unha aperta enorme de todas as mestras que formamos o Departamento de Orientación!

    A modo de despedida, esta semana vos propomos unha pequeniña mostra de imaxes con corazón!

    • Instantáneas cheas de vida de como, durante este curso, fomos aprendendo moitas cousiñas sobre as nosas emocións, o xeito en que nos relacionamos cos demais e como nos sentimos no noso día a día. Neste espazo atoparedes imaxes con corazón.

      Durante este ano, dende o Departamento de Orientación propuxemos unha serie de proxectos no ámbito emocional. En coordinación coas titoras e titores, fomos traballamos a empatía, a igualdades de xénero e moitas outras cousiñas. Coa chegada do confinamento, algúns deses proxectos non puidemos rematalos. De todos os xeitos, queremos ensinarvos a ilusión coa que o estabamos a facer! Tamén hai unha mostra dos vosos diarios emocionais durante o confinamento, e doutras actividades que se fixeron nas titorías ó longo deste curso.

      Fainos moita ilusión rematar o curso, nesta Aula Virtual, con esta galería de emocións!

    • VACACIÓNDVERÁN!!!