Section outline

  • Un pouquiño de calma, contos e prácticas da lingua oral para esta semana. Imos a por ela!

    • ESTIMULACION DA LINGUA ORAL

    • Esta semana propoñemos que fagades unha caixa da calma.

      Sabedes o que é?

      Será algo que nos axude a relaxarnos cando estamos enfadados ou nerviosos. Só tedes que buscar unha caixa que teñades pola casa e decorala como máis vos guste. Despois metedes dentro cousiñas que vos axuden a estar calmados, concentrados ou contentos. Poden ser obxectos, debuxos, mensaxes... Por exemplo: unha pelota antiestrés, mandalas para colorear, mensaxes de persoas que queremos, un xoguete que vos guste moito, algún obxecto cun olor relaxante ... e moitas outras cousas. Tamén podemos poñer esa caixa nun rincón da casa no que nos sintamos ben.

      Así conseguiremos a CAIXA MÁXICA DA CALMA.

      Nesta foto podedes ver máis instrucións.