Section outline

  • Presentamos un grupo de actividades de investigación útiles para alumnos de ESO. As actividades seguen o método indagativo, que ensina a ciencia facéndose preguntas e tentando respondelas seguindo o método científico. O método indagativo é utilizado no curriculum escolar desde hai anos en Canadá, EEUU e algúns países europeos. De feito, os informes Rocard (2006) e Science Education for Responsible Citizenship (2015) consideran o sistema indagativo como a mellor metodoloxías para ensinar ciencia.

       

    • Cómo utilizar os laboratorios virtuais e a ciencia cidadá nas aulas?

      O grupo de actividades que desenvolveremos a continuación podemos clasificalo a tendendo a:

        • Curso. As actividades poden ser aplicadas en distintos cursos de ESO.
        • Temática. Dentro da materia de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química na ESO manexamos unha serie de conceptos básicos relacionados co sistema solar, ecoloxía, evolución,... Tales conceptos serán utilizados polos alumnos en cursos superiores, polo tanto é primordial non só o coñecemento teórico, senón o coñecemento práctico con todas as variantes e retos que este propón.
        • Orixe do recurso. Os recursos poden provir de: laboratorios virtuais online, offline, laboratorios remotos e webapps de ciencia cidadá.
            • App ciencia cidadá. aplicación de móbil útil para compartir datos dunha investigación científica que levada a cabo en calquera parte do mundo.
            • Laboratorio remoto.Son recursos teleoperados nos que o usuario, a través dunha rede de comunicación, pode controlar equipos reais en localizacións remotas. Por exemplo, traballaremos online nos microscopios do laboratorio Riedel-Kruse Lab  da Universidade de Standford- California (EEUU).
            • Laboratorio virtual. (online e offline)é un sistema informático que pretende simular o ambiente dun laboratorio real e que permite modificar variables para desenvolver as prácticas de laboratorio.

      fsdag  vish

        • Presentación da actividade. Cada unha das 20 actividades propostas ofertan os seguintes apartados.
          • Guía do profesor (pdf). Guía didáctica. Guía na que se describen actividades de indagación baseadas no recurso orixinal.
          • Guía do profesor (online). Tamén chamado ILS (Inquiry learning Space) na páxina de GoLab: learning by experience, con apps para levar a cabo online. O profesor pode darse de alta na páxina de GoLab, de xeito gratuito e libre, e baixar e adaptar os contidos a súa práctica docente.
          • Guía do alumno (pdf). Manual de uso para o alumnado
          • Guía do alumno (Formato SCORM). Elaboradas na plataforma ViSHub. Recurso libre para ser utilizado polo profesor ou polo alumno.
          • Guía do alumno (online) Para axudar a seguir a metodoloxía indagativa están feitas unhas guías, tamén chamadas ILS (Inquiry learning Space) na páxina de GoLab: learning by experience, con apps para levar a cabo online. Son o recurso máis interactivo, no que o alumno traballa ao seu ritmo e dicir, aprendizaxe 1:1. E por tanto o máis recomendable para que os alumnos podan traballar na aula ou na casa (con conexión a internet). Tales guías levan o nome de ILS no enlace. Pincha aquí para coñecer todos os ILS en galego da páxina GoLab.
          • Recurso. Online u offline dependendo da sua natureza: laboratorio virtual, laboratorio remoto ou app de ciencia cidadá.

      Cada unha das actividades pode ser utilizada para realizar unha actividade de clase, ou o proxecto de investigación anual, obrigatorio nas materias de ciencia.