Proxectos

Proxectos

Software libre en educación

Co proxecto ABALINUX pretendemos estender e dar continuidade á maqueta que inicialmente estaba destinada aos equipos informáticos das aulas do proxecto Abalar e actualmente tamén aos equipos informáticos do proxecto E-DIXGAL, coa intención de facilitar a instalación do mesmo siste

Abalinux
Webs Dinámicas

O proxecto Webs Dinámicas é unha iniciativa posta en marcha no ano 2006 pola administración educativa coa finalidade de dotar aos centros educativos públicos de ensino non universitario de Galicia dun marco común de presenza dixital.

WebsDinámicas
Agueiro

Agueiro é unha plataforma en liña que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia ofrecen aos centros educativos galegos como ferramenta para crear a súa propia comunidade educativa dixital

Agueiro: comunidades educativas dixitais
E-DIXGAL

E-Dixgal é a iniciativa de educación dixital do Proxecto Abalar que ofrece unha educación completamente dixital nas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º a 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

EDIXGAL
abalarMóbil

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil desde calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

abalarMóbil
Paneis Dixitais

Os paneis dixitais interactivos veñen a substituír os tradicionais kits de aula dixital compostos por unha pizarra dixital interactiva, un videoproxector, un ordenador de aula e altofalantes, xa que integran todas as funcionalidades anteriores e supoñen unha mellora significativa das mesmas.

Paneis Dixitais
boxAbalar

BoxAbalar é unha ferramenta baseada no proxecto de software libre NextCloud que permite ás persoas usuarias ter un control en calquera momento sobre os seus ficheiros, xa sexa desde o posto de traballo ou ben desde os dispositivos de mobilidade (portátil, smartphone, tablet...).

boxAbalar
abalarPro

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ademais do portal espazoAbalar, ofrece abalarPro.

abalarPro
espazoAbalar

EspazoAbalar é a plataforma dixital oficial da Xunta de Galicia que conecta a toda a comunidade escolar. Funciona como un punto de encontro en liña onde os centros, o profesorado, o alumnado e as familias poden comunicarse e organizar o traballo educativo diario.

EspazoAbalar
escolas na nube

O Proxecto “Escolas na Nube” tén como obxectivo xeral a implantación, deseño e validación dun produto tecnolóxico que permita a utilización das TIC de forma efectiva para a mellora da aprendizaxe e a colaboración nos pequenos colexios rurais, baseada en solucións de cloud computing, virt

Escolas na nube

Non sabes cal é a asesoría do teu centro?

Consulta o mapa interactivo: elixe a zona ou preme no teu concello e verás todos os centros educativos que atende cada asesoría.

Abrir o mapa de zonas