Proxectos

Maqueta Abalar Libre

Software libre en educación

Co proxecto ABALINUX pretendemos estender e dar continuidade á maqueta que inicialmente estaba destinada aos equipos informáticos das aulas do proxecto Abalar e actualmente tamén aos equipos informáticos do proxecto E-DIXGAL, coa intención de facilitar a instalación do mesmo sistema operativo e as mesmas aplicacións en calquera dos equipos dos centros educativos de Galicia e/ou en calquera ordenador persoal do usuario.

Vantaxes

Esta maqueta Abalar libre (ABALINUX) presenta, entre outras, as seguintes vantaxes:

  • Un sistema operativo lixeiro e rápido.
    Os requerimentos de hardware para correr esta maqueta son moito menos esixentes ca os equivalentes nos sistemas operativos Windows.
  • Libre e gratuíto.
    Desaparece a problemática das licenzas de uso e instalación tanto para os sistemas operativos como para as aplicacións, xa que toda a maqueta está construída con software libre e gratuíto.
  • Un sistema operativo seguro.
    Deixan de ser unha preocupación os habituais problemas causados polos virus informáticos e o malware tan típicos dos sistemas operativos Windows.
  • Robusto e fiable.
    A gran robustez e fiabilidade do sistema operativo Debian facilita, en gran medida, o seu mantemento e actualización.
  • Facilidade de actualización.
    Unha das aplicacións dispoñibles para a maqueta Abalar libre é o Actualizador Abalar que facilita principalmente o mantemento do equipo mediante unha actualización desatendida dun gran número de aplicacións integradas na maqueta.

Non sabes cal é a asesoría do teu centro?

Consulta o mapa interactivo: elixe a zona ou preme no teu concello e verás todos os centros educativos que atende cada asesoría.

Abrir o mapa de zonas