Proxectos

Educación dixital mixta

E-DIXGAL

E-Dixgal é a iniciativa de educación dixital do Proxecto Abalar que ofrece unha educación completamente dixital nas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º a 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

O Proxecto Abalar desenvólvese desde o ano 2010 para transformar a aula tradicional nunha aula dixital, coa implicación de toda a comunidade educativa: pais, nais, titores/as legais, docentes e alumnado.

O alumnado, o profesorado e as familias participantes en E-Dixgal dispoñen duns elementos que lles permiten desenvolver un ensino dixital:

  • Aulas dixitais.
  • Equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal.
  • Entorno virtual de aprendizaxe.
  • Variedade de contidos dixitais.
  • Programas de formación.
  • Ferramentas de intercomunicación e colaboración.

Aulas dixitais

Nos centros educativos, o alumnado e o profesorado traballan nas aulas dixitais. Son aulas que dispoñen dun panel dixital interactivo, dun equipo para o profesor e dun equipo para cada alumno. Ademais, contan con conexión wifi para que o alumnado e o profesorado poidan acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.

Entorno virtual de aprendizaxe (EVA)

O profesorado e o alumnado dos centros participantes desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe, ao que se accede desde calquera equipo con conexión a internet coas credenciais que o centro lle facilita ao alumnado.

No EVA hai contidos dixitais de distintos provedores (Edebé, Netex, aulaPlaneta e Pearson), os do Repositorio de contidos educativos dixitais, con máis de 4.000 recursos complementarios en diferentes idiomas, e os que o propio profesorado cree, seleccione ou engada. Nos últimos cursos está tamén á súa disposición o material elaborado no proxecto cREAgal. Con todos estes recursos, cada docente pode elaborar a súa propia mochila dixital.

 

Non sabes cal é a asesoría do teu centro?

Consulta o mapa interactivo: elixe a zona ou preme no teu concello e verás todos os centros educativos que atende cada asesoría.

Abrir o mapa de zonas