O entorno virtual de aprendizaxe (EVA) é unha plataforma baseada en Moodle onde alumnado e profesorado teñen os contidos dixitais e os recursos educativos de cada materia.

Aulas virtuais automáticas
As aulas virtuais de cada materia créanse automaticamente cando no XADE están completos a matrícula do alumnado, os grupos e a asignación do profesorado a cada materia e grupo.
Acceso
- EVA en liña: eva.edu.xunta.gal
- EVA Offline: permite traballar cos contidos sen conexión a internet. Xa está instalado nos equipos do alumnado e do profesorado, na sección Educación do Escritorio Abalar.
