Proxectos

Axuda rápida

Solucións ás situacións que poden xurdir no entorno do proxecto E-Dixgal.

Avaría do ordenador do alumnado

Contactar co Soporte Premium, dispoñible as 24 horas:

O servizo determina se a avaría está cuberta pola garantía e, se é así (ou se hai seguro), proporciona un equipo de substitución.

Dano observado no equipo

Hai que informar ao titor ou titora de calquera dano.

Rotura accidental do equipo

As avarías por uso normal cóbreas a garantía. Os danos non cubertos son responsabilidade das familias.

Existe un seguro voluntario que cobre a rotura de compoñentes (pantalla, carcasa, teclas, conectores).

Perda ou roubo do equipo

A responsabilidade é das familias. O seguro voluntario non cobre o roubo, a perda nin a rotura do lapis ou da súa punta.

Acordo de cesión sen asinar

O alumnado sen o documento asinado non pode usar o equipo fóra do centro.

As familias que non o asinan manteñen igualmente a responsabilidade sobre os danos.

Alumnado sen equipo despois de setembro

Os equipos envíanse en setembro segundo a matrícula rexistrada en XADE. A partir de outubro non hai envíos programados: hai que contactar co Soporte Premium.

Acceso ao EVA

Desde calquera ordenador con internet, en eva.edu.xunta.gal, coas credenciais facilitadas polo centro.

Aula virtual non dispoñible no EVA

As aulas créanse automaticamente cando en XADE están completos:

  • A matrícula do alumnado.
  • Os grupos.
  • A asignación do profesorado a cada materia e grupo.

Sen conexión a internet na casa

A aplicación EVA Offline, xa instalada nos equipos (Escritorio Abalar › Educación), permite acceder aos contidos sen conexión.

Páxina educativa bloqueada

Notificar ao Soporte Premium o enderezo web e a necesidade de acceso ou a idoneidade do recurso.

Acceso a contido inadecuado

Identificar o sitio web e notificalo ao Soporte Premium.

Navegación segura non operativa

Os equipos deben ter instalada a versión 11 ou posterior da maqueta Abalar.

Devolución do equipo ao final do curso

  • O alumnado que continúa pode manter o equipo durante o verán ou deixalo no centro.
  • O alumnado que deixa o proxecto debe devolvelo a finais de xuño.

Non sabes cal é a asesoría do teu centro?

Consulta o mapa interactivo: elixe a zona ou preme no teu concello e verás todos os centros educativos que atende cada asesoría.

Abrir o mapa de zonas