Proxectos

App para o persoal docente

abalarPro

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ademais do portal espazoAbalar, ofrece abalarPro. Trátase dunha aplicación para o persoal docente que vai permitir utilizar a mensaxería coas familias a través do teléfono móbil desde calquera lugar, de forma cómoda e rápida, xestionar as solicitudes de titorías e xestionar as faltas do alumnado.

Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación na sociedade dixital do século XXI.

abalarPro únese así a abalarMóbil, unha aplicación para as familias que permite consultar a información de calquera dos seus fillos e interactuar co profesorado a través dos dispositivos móbiles. A aplicación abalarPro está dispoñible para todo o profesorado dos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Descarga

Actualmente a descarga desta aplicación faise desde Google Play Store (se o sistema operativo é Android) e desde Apple Store (se o sistema operativo é IOS).

Non sabes cal é a asesoría do teu centro?

Consulta o mapa interactivo: elixe a zona ou preme no teu concello e verás todos os centros educativos que atende cada asesoría.

Abrir o mapa de zonas