
Principais funcionalidades que ofrece a app abalarPro
- Perfil do usuario
A primeira das pantallas que se amosan é a de perfil do/a docente, desde a cal se pode ver o nome de usuario, o correo electrónico, e a listaxe de centros do/a profesor/a. Mensaxería desde o apartado de mensaxería pódense consultar as mensaxes xa intercambiadas e crear novas. - Citas de titoría
Esta funcionalidade permite xestionar e facer un seguimento das citas de titorías solicitadas polo pai/nai ou persoa responsable do alumnado. - Xustificación de faltas
Pódese consultar a lista de faltas rexistradas e xestionar as xustificacións recibidas das faltas do alumnado. - Inserción de faltas
Esta utilidade permite ao profesorado poñer as faltas de asistencia e puntualidade (tanto xustificadas coma non xustificadas) do alumnado ao que imparte docencia. - Avisos e notificacións
O profesorado poderá consultar os avisos enviados desde o centro. Estes poden ir dirixidos a diferentes colectivos ou a grupos de alumnado. - Denunciar contido
Con esta utilidade preténdese dar a posibilidade de notificar ou enviar unha queixa sobre algún contido ofensivo ou inadecuado. - Axustes e configuración
Desde esta pantalla poderase seleccionar o idioma da aplicación (galego / español), activar as notificacións dos diferentes módulos, amosar o texto legal e a información da aplicación, modificar o PIN de acceso, configurar a autenticación biométrica e pechar sesión.